Rematou o illamento de Elvira Lama

Elvira Lama
Rematou o illamento de Elvira Lama

Mañá presidirá o pleno extraordinario

Nun comunicado feito na súa páxina oficial, Elvira Lama fixo saber aos seus seguidores e veciños que o resultado da segunda PCR foi NEGATIVO.

Unha vez tido este resultado abandona o confinamento de acordo coas indicacións das autoridades médicas.

Agradece as mostras de ánimo e cariño, recibidas nestes días e anima a todos os que neste momento se atopan en cuarentena ou illamento, a seguir estritamente as indicacións sanitarias cos mellores desexos para todos os afectados.

Remata o seu comunicado desexando moita sorte e pedindo moita precaución, porque a situación do concello e moi preocupante.