Rematou o obradoiro de emprego conxunto entre os concellos de Xinzo e Sandiás.

Foto de familia de alumnado, profesorado e representantes políticos
Rematou o obradoiro de emprego conxunto entre os concellos de Xinzo e Sandiás.

Quero destacar a boa sintonía e a cercanía co concello de Sandiás”- Amador Díaz

“O mellor obradoiro dos que eu coñecín”- Felipe Traveso

Esta mañá tocaba recibir os diplomas aos alumnos e alumnas que durante os últimos nove meses participaron no obradoiro de carpintería e xardinería de desenvolveu conxuntamente nos concellos de Xinzo e Sandiás.

Ao acto asistiron ademais dos alcaldes e da ex alcaldesa Elvira Lama (que foi no seu mandato cando se iniciou), acto presidido polo xefe territorial da consellería

Tomou a palabra Amador Díaz, alcalde de Xinzo para denominar, sen ningún tipo de dúbidas, que remataba un obradoiro modelo. Todo isto foi posible gracias ao gran traballo que se fixo, por parte de todo o alumnado, e o profesorado das dúas especialidades, moitas veces con poucos recursos.

Despois do alcalde tomou a palabra Elvira Lama, para felicitar a todos e todas polo traballo realizado dentro do obradoiro denominado do “Camiño” que une aos concellos de Sandiás e Xinzo como non pode ser doutra maneira. Tamén felicitou ao alumnado e monitores, ademais das outras persoas que de algunha maneira colaboraron dende o concello.

A continuación tomo a palabra Felipe Traveso, alcalde de Sandiás o cal incidiu no tema de colaboración, antes con Elvira e agora con Amador, é moi fácil, xuntos somos máis fortes independentemente das dimensións dos dous concellos.

Gracias Elvira e Amador, por facerme a vida máis fácil no senso dos obradoiros de emprego.

Felipe Traveso, Yago Borrajo, Amador Díaz, Elvira Lama e Margarita Vázquez

Rematou a súa intervención dicindo que dende os anos que leva como alcalde, que xa fixo moitos obradoiros, podo dicir que este foi dos máis produtivos que se fixeron. Podo dicir sen temos a exaxerar que este foi un obradoiro modelo.

Rematou o acto o Xefe Territorial da consellería de Emprego e Igualdade Yago Borrajo o que manifestou que sempre agrada escoitar que os obradoiros foron produtivos e exemplares, porque iso é o que a consellería quere, sendo o máis importante o que ven agora, que é que sirva para que todos os que remataron agora este obradoiro lles sirva para a súa vida laboral.

Finalizou o acto coa entrega dos diplomas e títulos ao alumnos e alumnas do obradoiro.

collage 1
collage 2
collage 3