REMATOU A RODAXE DA WEBSERIE QUE TANTA EXPECTACIÓN CAUSA NA LIMIA

151086218_115463823845718_2558755537346854474_n
REMATOU A RODAXE DA WEBSERIE QUE TANTA EXPECTACIÓN CAUSA NA LIMIA

A produtora Conxuro Produción levou a cabo a rodaxe de “Os tempos mortos do Führer”, proxecto que se iniciou no mes de outubro por o alumnado do CIFP A FARIXA.

A webserie que comezou nas aulas do centro educativo, está cada vez máis cerca de converterse nun proxecto altamente profesional. Tras o aprazamento da rodaxe no mes de febreiro, a produtora Conxuro Produción, respira tranquila tras culminar a rodaxe haiunhas semanas. “Estábamos constantemente informándonos por temor a cancelación de novo da rodaxe. Chegamos a contactar co SERGAS por precaución” cita Uxía, Axudante de Produción. Lexos de truncar as súas espectativas, a rodaxe realizouse cun protocolo específico ademáis de realizar o equipo probas test para a COVID-19 grazas a colaboración do Hospital Cosaga de Ourense.

A localización escollida para ambientar o escenario da II Guerra Mundial da man de Adolf Hitler mediante a comedia, foi o Pazo Casa Grande de Soutullo situado no Concello de Coles, moi preto da cidade de Ourense. Despois dunha longa búsqueda para encontrar un espazo que se adaptara a todas as esixencias da produtora, finalmente apostaron por este pazo do S.XVIII. Na primeira visita que se realizou a dito lugar, o alumnado xa visionaba como sería artística e visualmente a estética da webserie. Grazas as características que ofrece como os interiores, os xardíns, a tranquilidade e a amabilidade dos propietarios non dubidaron en aprobeitar esta oportunidade.

209386041_188428369882596_76350695082270988_nEn só tres días, a Casa Grande de Soutullo albergou un despliegue técnico e humano propio dun filme hollywoodiense. O equipo estaba formado por unha vintena de persoas. No referido ó elenco ademáis de Héctor Martínez quen interpretou a Adolf Hitler, José Manuel Mao e Elena Seijo, contaron coa profesionalidade de Candela López e Marcos Vázquez, ambos formados na cidade de Ourense na Compañía Sarabela Teatro. Con respecto ó equipo técnico, a produtora repite fórmula e decidiu apostar por o talento xoven galego reclutando a persoas de toda a comunidade. Xunto ó alumnado, ó director Daniel R., ó axudante Rubén R. e o guionista Diego Temes, uníronse Saúl Martínez (A Guarda), Director de Iluminación; Iria Parras, Perruqueira e Maquilladora; Raquel López (Lugo) e María Rodríguez, Axudantes artístico e Noelia Caseiro, para Foto Fixa; estas dúas útimas veciñas de Xinzo de Limia.
En aspectos de financiación, cabe destacar o patrocinio do Concello de Xinzo de Limia e da Deputación Provincial de Ourense, dúas entidades que decidiron apostar por este proxecto con orixe na nosa provincia. Ademáis mantiveron os patrocinios e as colaboracións anteriores como Gadis ou Antigüedades Urbano. A estes catro grandes patrocinadores súmanse marcas tan importantes como Cafés Candelas e Viña Costeira a modo de colaboración sen esquecer ó Hospital Cosaga, Lobisome ou Sarabela Teatro. Tamén chama a atención a cantidade de negocios locais limiáns que apoian a webserie, entre eles: Bonicas Estética, Pizzería Milanesa, Cortinas Rosy, Mercería Ancebe, Auto Barata, Padel E Ocio e máis. O proxecto chegou incluso a Celanova onde tamén contan coa colaboración de Quesos Feijoo S.L. A produtora especifica que todo o mundo é benvido e que non se lle pecharán as portas a ningúen que queira colaborar.

Tras a rodaxe, agora comeza unha nova etapa de edición e montaxe ademáis de traballar paralelamente na distribución e explotación sen esquecer a posibilidade de aparicións en festivais nacionais. A produtora xa está a valorar as múltiples opcións para crear un evento de estrea único acorde a calidade profesional do proxecto.