“Os RÉMORAS” invitan a comer

OS RÉMORAS 2019
“Os RÉMORAS” invitan a comer

Programan para este sábado 28 unha comida na que xa van apuntadas case que un cento de amigos e amigas

Fai 6 anos que unha das comparsa máis numerosas e animadas do Entroido de Xinzo que organizaron un xantar para amigos e amigas.

Este ano volveron poñerse ao “lío” e organizaron outra xuntanza para dar unhas voltas polo pobo a mañá acompañados de música e despois rematar cun xantar, nesta ocasión no restaurante ORLY. Todas aquelas persoas que queiran participar teñen que aportar 20 euros destinados a pagar o menú.

VESTIDOS DE VODA PARA COMUNIÓNS

Un dos compoñentes xa anunciou nas redes que eles ían ir vestidos de primeira comuñón. Dende ese momento están desaparecendo vestidos de voda dos armarios, para convertelos ese día en vestidos de comuñón.

O único que pretenden este grupo é saír un día a rúa de festa e comer con todos aquelas e aquelas que queiran acompañalos.

¡Estades aínda a tempo de apuntarvos!