lunes. 20.03.2023

    "Reparamos cousas sen enganar ó cliente e ademais por un prezo económico", esa é a filosofía da empresa de Iván que leva dous meses funcionando en Xinzo. Este mozo de 32 anos e natural de Verín abriu unha tenda na que reparan todo tipo de aparellos informáticos. 

"Cambiar unha pantalla de móbil lévame unha hora ou hora e media, cando noutros sitios tes que esperar ata tres días o que tamén incrementa o prezo para o cliente", destaca Iván. Este servizo é posible polo feito de que na propia tenda dispón dun taller con pezas e maquinaria para facer a reparación.

idatia 3

Precisamente a súa decisión de abrir unha tenda en Xinzo debeuse a que moitas persoas da zona ían ata o negocio que ten en Verín para reparar aparellos. "Polo que teño entendido a maioría de establecementos envían as pezas a Ourense a arreglar e nós facémolo na nosa tenda, de aí que tardemos menos días e sexa máis económico", matiza este mozo empresario. 

En Idatia pódese facer calquera tipo de arreglo informático pero tamén mercar accesorios ou aparellos, actualizar o GPS ou mesmo contratar a creación e mantemento dunha páxina web. Todo esto xestionado por un equipo que lidera Iván e cunha pretensión, coidar ó cliente por riba de todo. "Non che vou cobrar 50 euros por estar uns minutos revisándoche un móbil por exemplo, e iso si que o fan en moitos outros sitios". 

idatia 5

A informática é unha rama pola que hoxe en día se pode tirar para saír adiante nunha situación económica e de traballo complicada, así as cousas hai que loitar contra os informáticos que actúan á marxe da lei. "Hai moito clandestino por aí pero buen eles non poden ofrecer garantías, se algo falla ten que saír do seu peto. Eu se algo me sae mal, algunha peza por exemplo, podo reclamarlle ó comercial", apunta Iván. 

idatia 2

Idatia está situada na rúa Dous de Maio de Xinzo de Limia, á altura do número 15. Alí agarda este emprendedor para cubrir calquera tipo de servizo que teña que ver coa informática. "Traballo de 8 da mañá a 10 da noite pero estou satisfeito por compracer á clientela".

Reparar unha pantalla de móbil nunha hora en Xinzo é posible en Idatia
Comentarios