Retencións de tráfico na adv./ de Ourense en Xinzo
Tamén retencións de peóns na beirarrúa
Dende primeiras horas da mañá, tanto o tráfico coma os peóns que circulaban pola adv./ de Ourense en ambas direccións sufriron atascos. No é que houbera ningún inconveniente na calzada, se non por mor da idea que tivo un dos establecementos puxo no escaparate, acompañando a toda a decoración e produtos de venda unha “maniquí” en pixama e calcetíns. Ata aquí todo sería normal, pero a sorpresa era que a “maniquí” tiña vida, e non solo tomaba café e lía un libro, se non que tamén interactuaba cos que pasaban nos coches e por suposto cos que pasaban pola beirarrúa.

Unha vez que un pequeno vídeo foi subido as redes por dendealimia.com, comezaron as chamadas de felicitación, tamén visitas de clientes que acudiron a comprar polo visto na rede, e ata chamadas de programas de Tv. Na semana que ven volverá a mesma “maniquí” humana.
Moitas foron as chicas que acudiron a proba para esta acción publicitaria, quedando seleccionada unha veciña da Limia, en concreto unha futura Policía Nacional, veciña de Os Blancos.
