REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO E COORDINACIÓN DOS REGADÍOS DA LIMIA

Plan de regadios da limia 1
REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO E COORDINACIÓN DOS REGADÍOS DA LIMIA

ADEGAL ten entre as súas prioridades o remate do plan que se escomenzou fai anos, esperando que desta sexa a definitiva

Na mañá de hoxe, en Ourense, tivo lugar a segunda reunión da comisión de seguimento e coordinación dos regadíos da Limia, formada polo Director Xeral de Desenvolvemento Rural, o Xefe Teritorial de Medio Rural en Ourense, o alcalde de Xinzo de Limia, os Presidentes das Comunidades de Regantes e ADEGAL.

Os avances burocráticos levados a cabo nestes últimos meses foron a posta en marcha da redacción das Declaracións de Impacto Ambiental das catro comunidades de regantes, pasando pola elaboración dun novo proxecto patrimonial adaptado á normativa vixente.

Nos vindeiros meses terá lugar o traslado das D.I.A. a Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para a súa exposición pública.

Dende os seus inicios, ADEGAL sempre tivo na súa liña de traballo a modernización dos regadíos, considerándoos de vital importancia e como futuro do sector agrícola e gandeiro da Limia. Por tanto, as Administración deben levar a cabo o compromiso adquirido e realizar as inversión necesarias para a consecución das infraestructuras reclamadas