Reunión dos portavoces con VIAQUA

565
Reunión dos portavoces con VIAQUA

O martes 28 ás 12:00

Tal e como xa anunciara a semana pasada o alcalde , xa está fixada a reunión dos portavoces dos partidos políticos que conforman a corporación de Xinzo e a empresa encargada da xestión da auga VIAQUA.

Esta reunión foi solicitada polo alcalde a empresa despois dos comentarios e postura adoptada polos partidos da oposición ante a aprobación da subida do IPC no abastecemento da auga para o ano 2018.

A mesma acudirán ou están invitados por parte do concello os portavoces e por parte da empresa estará a xerente e un técnico da mesma.