Ritmos latinos para rematar o curso

306
Ritmos latinos para rematar o curso

O sábado 9 de xuño celebrarase, tanto no auditorio da Casa de Cultura como na Praza Carlos Casares actuacións e coreografías organizadas polo ximnasio Fusión Fitness.

As actuacións serán, sobre todo, relacionadas con ritmos latinos como bachata, merengue, salsa, reggaeton e danza. Serán levadas a cabo por nenos e nenas, persoas novas e tamén persoas maiores. O público de calquera idade está convidado a pasar un bo intre vendo o traballo que realizarán os participantes.

Todas as actividades realizaranse no auditorio con excepción da patinaxe e a capoeira, disciplinas que requiren dun espazo máis amplo e acondicionado. Este ano, debido á gran afluencia de xente que asistiu ao evento outros anos, o aforamento será limitado a 260 persoas; as entradas poderán recollerse en Fusión Fitness.