Rizados de pestanas e descontos para este Nadal no salón de peiteado Luxury de Xinzo

luxury
Rizados de pestanas e descontos para este Nadal no salón de peiteado Luxury de Xinzo

As datas de Nadal son días de moitos festexos entre ceas de empresa e as noites de fin de ano e de Reis. luxury

O salón de peiteado Luxury proponse axudar a clientela a prepararse para estes eventos con descontos. Todas aquelas persoas que decidan peitearse para fin de ano neste establecemento, terán un 30% de rebaixa se piden cita para o día de Reis.

Luxury ofrece novidades como rizado de pestanas para homes e mulleres para potenciar o seu volume e paliar a caída das mesmas. Contan tamén con tinte de cor negro ou azul para as pestanas, que dura ata 8 semanas. Así mesmo fan manicuras especiais para estas festas con tons brillantes.

Nestes días nos que xa se empezan a mercar regalos, ofrecen a posibilidade de preparar cestas persoais con produtos de beleza e de cabelo dende 20 euros.