O roteiro de Carlos Casares, percorreu os lugares emblemáticos na vida do autor

page
O roteiro de Carlos Casares, percorreu os lugares emblemáticos na vida do autor

Sabucedo, Lamas, Trandeiras e a Praza maior e a praza Carlos Casares foron os lugares visitados

Unha vez rematado o xantar o asistentes as xornadas da mañá e todos aqueles que quixeron subíronse a un autobús para desprazarse ata Sabucedo, primeiro dos lugares visitados onde se leron textos onde aparecía este pobo. En Sabucedo estaban esperando os tíos de Carlos e un primo quen invitou aos visitantes a pasar o patio da casa onde tamén contou algunha das anécdotas e vivencias con Carlos.

IMG-20170430-WA0002Logo foi Lamas a seguinte parada na casa de seus avós que na actualidade e propiedade dun primo. Foi o pai o que herdou a casa que antes era unha taberna.

Dende Lamas dirixíronse a Trandeiras para que Luís de Morgade o que fixo de mestre de cerimonias na vista. Tamén contaron coas explicacións técnicas do arquitecto Manuel Seoane, sobre a construción do mosteiro.

IMG-20170430-WA0003

Para rematar a xornada, todos os que estaban facendo o roteiro achegáronse a Xinzo para ler paragrafos dos libros emblemáticos de Carlos O galo de Antioquía e Xoguetes para un tempo prohibido, tanto na Praza Maior como na propia Praza do concello que leva o nome do autor.