Segundo CloudSEK, unha empresa de ciberseguridade, xurdiu unha nova maneira de estafa a través das redes sociais, concretamente Whatsapp.
Este novo modo de actuar dos ciberdelincuentes non se parece aos habituais. Whatsapp, ao ser a rede social máis usada no mundo, constitúe un campo de interese para a ciberdelincuencia.
A maneira de operar sería a seguinte: primeiro fan unha chamada na que se fan pasar polo control de calidade da rede social e despois, piden que se marque un código. Unha vez que a persoa marca o código, esta perde a súa conta.
Unha vez que os ciberdelincuentes consiguen a conta, poden acceder aos contactos e pedirlles cartos a cambio de devolver a conta á persoa afectada.
Para evitar este tipo de situacións, recoméndase non coller chamadas de Whatsapp de números descoñecidos e non introducir ningún código, xa que esta rede social nunca pide ningún.