Por S.Blas....la cigüeña veras.

Parella de cegoñas, xa en S.Pedro
Por S.Blas....la cigüeña veras.

Acórdanse de ese refrán tan galego e da Limia?

Pois efectivamente ese era un dos refráns máis soados da nosa terra da Limia, que cada ano, dende fai medio cento, se vai cumprindo menos.

Aquí está a proba de que tal refrán, a mediados da primeira media parte deste século, xa non ten ningunha validez.

Esta semana varias parellas de cegoñas, xa apareceron nos seus niños, no pobo da Limia que pode presumir de ter a maior cabana destes animais por m2. S. Pedro de Laroá, que conta en tan so 300 m de estrada de preto de unha ducia de parellas que ano tras ano volven, e como se pode comprobar case dous meses antes do que lle correspondía polo calendario.

Non será unha proba máis do cambio climático?