A S. Silvestre limiá adiantouse unha semana

IMG_20181224_172827
A S. Silvestre limiá adiantouse unha semana

Todos os participantes chegaron a meta e celebrárono con cava e moita música

Parece que este ano a nosa vila se quere adiantar nos acontecementos as outras localidades.

Sucedeu co alumeado de Nadal, no que nos adiantamos a Vigo. E tamén esta tarde membros de LimiActiva chegaron a praza Maior pasadas as seis do serán, non se sabe si preparando a S.Silvestre do día 31 ou ven, na súa particular S.Silvestre adianta.

Todos os que saíron, chegaron a meta, en moi bo estado, e con moi bo humor, ata musical.

FALTAN DOUS RENOS DA ARBORE DA ÁRBORE DE NADAL DA PRAZA MAIOR

Parece ser que os “amigos do alleo” este ano deulles por coleccionar renos iluminados. O sábado pasado desaparecía o primeiro. Parece que a policía Local xa sabe do seu paredeiro. Houbo quen viu a dúas persoas metendo o “animal” no seu coche.

O segundo desapareceu onte mesmo. Este segundo puidemos saber, xa se encontra nas dependencias da policía Local.