Sábado en familia no Couto Mixto

Sábado en familia no Couto Mixto
Un territorio de lenda

Punto de encontro: Sábado 12 de novembro ás 10.30h en Laroá.

Imos coñecer un pouco máis da historia dun lugar ben pertiño de nós, o Couto Mixto, un territorio que durante moito tempo foi independente de España e Portugal. Comprendía os pobos de Santiago e Rubiás (Concello de Calvos de Randín), e Meaus (Concello de Baltar). Acompañaranos o Cesáreo "home de acordo" e veciño do Couto Mixto para compartir con nós datos e historias deste excepcional lugar.

https://www.escapadarural.com/blog/el-couto-mixto-una-vieja-republica-gallega/