SÁBADOS MICOLÓXICO-TURÍSTICOS NAS TERRAS DE ROSENDO

xornadas concellos defin.
SÁBADOS MICOLÓXICO-TURÍSTICOS NAS TERRAS DE ROSENDO

OUTONEATE

O proxecto cultural e turístico ‘Rosenlands’ organiza en colaboración coa Fundación Curros Enríquez e os Concellos de Celanova, Verea e Bande unha serie de xornadas nas que a micoloxía será a protagonista.

Serán os sábados 29 de outubro e 5 e 19 de novembro e durante os cales se realizarán saídas micolóxicas para a búsqueda de cogomelos no monte así como un magosto e obradoiros de produción de cogomelos en sacos e micorrización en piñeiros e castiñeiros.

Abertos ó público en xeral, para a participación é preciso unha inscrición previa a través dos teléfonos 696.29.96.08 ou 620.15.30.20. O aforo mínimo será de 25 persoas por día. Ainda hai prazas para todas as xornadas.

Estas xornadas comezarán coa presentación do inventario micolóxico ‘Terras de Rosendo’ e do folleto ‘Turístico-Micolóxico Camiño de San Rosendo’ na Casa dos Poetas a partir das 10.00 horas.

PROGRAMA:

29 de outubro en Celanova:

  • 10.00 Casa dos Poetas: Presentación do inventario micolóxico ‘Terras de Rosendo’ e do folleto ‘Turístico-Micolóxico Camiño de San Rosendo’.
  • Búsqueda no monte de cogomelos.
  • Magosto nun forno tradicional.

5 de novembro en Bande:

  • 10.00 Búsqueda no monte de cogomelos.
  • Obradoiro de micorrización en piñeiros e carballos.

19 de novembro en Verea:

  • 10.00 Búsqueda no monte de cogomelos.
  • Obradoiro de produción de cogomelos en sacos.