Satisfacción no grupo popular de Xinzo

Dama da Lagoa
Satisfacción no grupo popular de Xinzo

O Partido Popular congratúlase pola colocación de “A DAMA DA LAGOA” do escultor Xosé Lois Carreira, na rotonda construida a tal efecto, para a que fora concibida, e encargada no ano 2016 polo Goberno do Partido Popular, a este grande artista Local.

Xosé Lois Carreira é autor doutras recoñecidas creacions como A escultura da Pantalla do Parque do Pombal, a escultura de Toñito Maestro na Campo da Moreira. O Cigarrón e o Carboeiro no Concello de Verín, a homenaxe á Juan San Martín e a obra Vidas Entrecruzadas no Concello de Eibar. A Escultura de Homenaxe á Marina Cuquejo no Concello de Cualedro, ou a Grande NexusVI da Ponte do Milenio na Capital da Provincia Ourensana.

20221109_164243
Dama da Lagoa

A Dama da Lagoa é xa unha das grandes obras escultóricas galegas de todos os tempos, e atópase entre as magnificas obras de Xosé Lois Carreira que inmortalizaran o seu xenio creador e o seu nome, e prestixiaran a Vila de Xinzo e a toda a Comarca da Limia e, si cabe aínda mais importante, na Concepcion e significado que o propio escultor quíxolle dar a esta figura, será un xusto e perpetuo recoñecemento a todas as mulleres que deu esta húmida terra Antelá, que amamantaron as xeracións presentes, pasadas e futuras, que loitaron, traballaron, pariron, choraron, riron e morreron, sobre esta fértil e antiga Antela: Limuhe, A DAMA DA LAGOA, de Xosé Lois Carreira será a homenaxe pétrea e inmortal á memoria feminina da nosa Terra.

O Partido Popular de Xinzo, quere agradecer a Deputación Provincial de Ourense, e nomeadamente ao seu Presidente, por manter firme o compromiso adquirido co Concello e o Pobo de Xinzo no ano 2016, e despois de tantas vicisitudes que aportara o importe total do custo dunha obra cuxo valor artístico e simbólico será sempre impagable.