Satisfacción e orgullo na asociación de produtores de pataca da Limia

Amador na Reunión
Satisfacción e orgullo na asociación de produtores de pataca da Limia
Este e un primeiro paso, pero a mesa da Limia vai máis alá en proxectos”-Amador Díaz

Amador Díaz, estaba hoxe, que case non o cría, despois de que onte lle comunicaran o acordo de inversión de 32 millóns de euros por parte da Xunta e o Goberno Central no sector agrario da Limia.

Isto ben a demostrar o que sempre nos sempre dicíamos, que esta comarca e a máis importante de Galicia en materia agrícola.

Recorda Amador que eles foron os que impulsaron a Mesa da Limia, primeiro coa Xunta e despois nunha visita “relámpago” en plena campaña electoral co Ministrodo ramo, en Lalín.

No medio houbo reunións, propostas a través do GDR e esta é a primeira fase dun proxecto máis amplo que potenciará que a Limia sexa unha “potencia” agrícola en España, non solo en produción agrícola, se non tamén en explotación gandeira totalmente sostible.

Plan estratéxico

Cabe lembrar que a Xunta estivo desde o minuto un co sector agrario limiá. Así promoveu, xunto cos diferentes axentes da comarca, o Plan estratéxico do sector agrario da comarca, co fin de lograr un mellor e máis efectivo aproveitamento dos recursos, reducir a concentración de nutrientes nas augas, xerar emprego e fixar poboación no rural, combatendo así o cambio climático á par que Europa.
Neste senso, cómpre trasladar que está moi avanzado o borrador deste plan, que se está elaborando en colaboración coa Fundación Juana de Vega e co Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Limia-Arnoia, prevéndose rematalo este 2021. Ademais, o pasado mes de xuño quedaba constituída a comisión interdepartamental para mellorar a sustentabilidade do agro na Limia, conformada por representantes do Goberno central e da Xunta.
A través desta comisión, estanse a procurar solucións que minimicen o impacto ambiental que xera a gandería intensiva na Limia. Deste xeito, preténdese poñer en común -entre os diferentes departamentos das administracións- o consenso sobre os cambios lexislativos necesarios para contribuír á mellora da xestión das dexeccións gandeiras e do regadío nesta comarca, con medidas concretas que se poidan incluír no Plan estratéxico cun compromiso de execución a curto, medio e longo prazo.
Tamén se manifesta a aposta da Xunta polo desenvolvemento sostible do sector primario nesta comarca mediante outras medidas xenéricas, tales como a nova Lei de recuperación da terra agraria, que vai permitir o aumento da base territorial das explotacións, o que redundará nunha extensificación da produción e, polo tanto, nunha mellor xestión. Tamén está o Plan de pastos de Galicia, que tamén incide nese incremento da base territorial e, polo tanto, nunha optimización da xestión das explotacións. Por último, o Centro para o impulso da economía circular, que contará cun sistema de xestión integral dos xurros excedentarios, entre outros.