A seca provoca cortes de auga en varios Concellos da Limia

sequia
A seca provoca cortes de auga en varios Concellos da Limia
Os Concellos de Trasmiras, Porqueira e Vilar de Barrio son algúns dos concellos que recorreron aos cortes da auga ante a seca

A seca está en boca de todos xa que é unha das grandes preocupacións deste verán a parte dos lumes que están reducindo a cinsa gran parte de Galicia, e sobre todo Ourense.

Estes temas foron os que abriron o informativo de Ourense de Onda Cero do 8 de agosto. Neste programa Paco Sarria comentaba a problemática ante a que se atopa o Concello de Trasmiras denunciando que algúns veciños fan un uso indebido da auga, e aclarando que se recadan datos que non son entendibles despois das recomendacións e restricións de consumo pola seca.

Ademais do Concello de Trasmiras, son varios os Concellos da Limia que tamén toman medidas para ter suficiente suministro de auga para os veciños pero tamén para aforrar no uso desta. É o caso de Vilar de Barrio, que comenta Paco Sarria, que se atopan actualmente con problemas de suministro. Por outra banda o Concello de Porqueira leva realizando cortes de auga desde xullo aínda que agora suplen a carencia de agua con camións cisterna.

Son a maioría os que esperan que chova pronto, pero as previsións deste ano mostran que a situación de altas temperaturas e de seca continuarán este mes ata entrado setembro.

Link ao informativo:

https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/ourense/audios-podcast/mas-de-uno/noticias-mediodia-ourense-08082022_2022080862f102b88d51040001d3d27c.html