A Seguridade Social envía informes de vida laboral e bases de cotización a 124.482 traballadores na provincia de Ourens

Rolda prensa TGSS Vidas laborais
A Seguridade Social envía informes de vida laboral e bases de cotización a 124.482 traballadores na provincia de Ourens
Campaña informativa Vidas Laborais e Bases de Cotización

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso; a Directora Provincial do INSS e da TXSS, Rocío de Frutos Madrazo; e o Subdirector de Recadación Voluntaria, Juan Carlos Blanco Doallo, informaron esta mañá en dependencias da Subdelegación do Goberno da Campaña informativa sobre os Informes de Vida Laboral e Bases de Cotización das persoas traballadoras que estiveron dadas de altas algún día na Seguridade Social nos anos 2017 e/ou 2018 que está a levar a cabo dende o 19 de novembro a Tesourería Xeral da Seguridade Social.

carta-sms-seguridad-social-vida-laboral-2017-2018-2019-kIaG-U907937571379IF-624x385@El CorreoAo igual que en campañas anteriores os informes remitiranse en papel ao domicilio do traballador se non consta na base de datos da Seguridade Social o seu teléfono móbil, e o resto recibirá unha mensaxe por SMS informándolle de que o pode consultar na SEDE Electrónica da Seguridade Social no Servizo “Comunicación de Vida Laboral e Bases de Cotización aos Traballadores”, do apartado Cidadáns/Informes.

Segundo informou o subdelegado do Goberno, “na provincia de Ourense vanse realizar 124.872 comunicacións, remitindo por correo ordinario máis de 35.000 e por medio de SMS máis de 89.000”. Na presente campaña enviaranse un total de 22,5 millóns de informes de vida laboral no conxunto de España e no caso da comunidade autónoma de Galicia 1.204.418 comunicacións.

Así mesmo, tanto o subdelegado do Goberno como a Directora Provincial do INSS e da TXSS animaron ás persoas que reciban no seu teléfono o SMS a que fagan uso do enlace electrónico pola relevancia da información que contén para os traballadores e as traballadoras da provincia, desmentindo neste punto a sensación que se percibiu entre a cidadanía de tratarse dun enlace non seguro ou que contivese información maliciosa.

Rocío de Frutos Madrazo insistiu na importancia desta iniciativa para as persoas traballadoras, as cales en moitas ocasións carecen de datos fundamentais da súa relación laboral. A través desta campaña van poder comprobar os datos da súa vida laboral, períodos de alta, bases de cotización e tamén o convenio colectivo que lles está aplicando a empresa, datos fundamentais á hora de acceder a prestacións e pensións.

Así mesmo, o apartado de bases de cotización incluirá as bases de 2017, de 2018 e dende xaneiro ata agosto de 2019 . Aos traballadores con 60 ou máis anos amplióuselles a información das bases de cotización aos últimos vinteún anos, xa que a contía da futura pensión de xubilación está vinculada con elas.

O Subdirector de Recadación Voluntaria explicou as distintas formas de acceder unha vez recibido o SMS, así como outras das novidades desta campaña. Xunto ao habitual informe con datos da situación actual do traballador, incorpórase un segundo informe baixo o título “Información de interese da súa cotización no ano 2018” que recolle, entre outros, os seguintes informes:

Base do cotización por continxencias comúns acumulada anual e gráfico evolutivo das bases mensuais de cotización de 2018.

Importe calculado acumulado das cotas de 2018, distinguindo a aportación da empresa e a do traballador.

Relacións laborais mantidas en 2018 como empregador de fogar: días de alta e importe das retribucións.

Situacións de incapacidade temporal e de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e lactancia no ano 2018.