Seis niños nunha semana

IMG_6660
Seis niños nunha semana

Onte a noite (luns) Protección Civil de Xinzo, recolleu o último niño de avespas

Na noite do luns o equipo especializado de Protección Civil, xa entrada a noite trasladouse ata o domicilio dun veciño que na mañá acudira ao Concello para avisar da existencia dun niño de avespas(resultaron ser velutinas) no cerre da súa finca.

QUINCE DIAS ESPERANDO

IMG_6651Fai quince días que o veciño , mentres estaba podando o seto da peche da finca, recibiu tres picaduras de outras tantas avespas. Inmediatamente trasladouse o ambulatorio onde foi tratado, quedando todo, no susto a inchazón e a dolor.

Chegou a casa e chamou o 012(Servizo telefónico de atención da Xunta) onde lle dixeron que non se preocupara que xa eles se ían a por en contacto co Concello. Isto ocorreu o 16 de Xullo. Como ninguén se puña en contacto, esta mañá trasladouse ata o Concello para avisar a Policía Local a cal avisou a Protección Civil, para que fose mirar, e esta mesma noite procederon a súa retirada.

O veciño está moi satisfeito con servizo prestado dende o concello, porque segundo nos manifestou, o seu fillo si é alérxico as picaduras, e si non vai (onte) avisar persoalmente, estaría esperando, ata sabe cando.IMG_6657