“Sementar unha nova educación xuntos”

Entrevista na TVG a profesora Ana Lorenzo
“Sementar unha nova educación xuntos”

Ana Lorenzo, profesora de infantil no CEIP Carlos Casares, xunto con Patricia Fernández, organizan un encontro de profesorado.

Hoxe comeza, na Laracha en Lugo, un encontro con 40 profesores e profesoras de distintas idades. Xúntanse a partir de hoxe para por en común experiencias e maneiras novas de ensinar a nenos e nenas.

Ana Lorenzo, unha das organizadoras, membro do grupo de profesorado de infantil no centro Carlos Casares de Xinzo, foi a primeira sorprendida polas solicitudes para asistir a esta xuntanza.

“Sementar unha nova educación xuntos”

O que o principio ía ser unha reunión por “ínstagram” de varios compañeiros e compañeiras para intercambiar experiencias, as redes sociais, nas que as dúas profesoras se manexan moi ben, con máis de 30.000 seguidores, fixo que a primeira idea tivera que quedar aparcada, para organizar este encontro, nunha casa rural, que denominaron, na que tan solo puideron dar cabida a 40 mestres e mestras, de todos os que solicitaron.