Sensación agridoce de Toni Fernández ao fin do pleno de onte en Xinzo

Toni Fernández (PP) antes do comezo do pleno ordinario
Sensación agridoce de Toni Fernández ao fin do pleno de onte en Xinzo

Non entendín como o grupo do cuatripartito non apoiou a nosa moción sobre “os ocupas”

Toni Fernandez, portavoz do grupo Popular no concello de Xinzo manifestou na tarde de onte o seu sabor agridoce que sacou do pleno celebrado onte a mañá en Xinzo.

MOCIÓN SOBRE “OS OCUPAS”

Non entendeu porque o grupo de goberno formado por catro partidos, non apoiaron a moción que presentamos sobre o endurecemento das leis contra os ocupas, cando entendemos que o goberno socialista co seu presidente sabe que ese é un problema que hai que solucionar.

SI A MOCIÓN SOBRE A RÚA CURROS ENRIQUEZ

Por outra banda, aínda que despois de algún rifi-rafe os concelleiros do goberno votaron a favor da moción que nos levábamos sobre a rúa Marcelo Mecías, que non era outra que as peticións dos veciños por unha obra que quedou mal feita, e que por suposto eu non lle boto a culpa ao goberno municipal, simplemente é unha situación que hai que solucionar.

Tamén se congratula o portavoz do PP de que ao rogo presentado sobre o muro do campo de fútbol se lle dea solución inmediata.