22 de febrero de 2015, 0:18
A exposición levarase a cabo no museo Municipal de Ourense, e a súa inauguración será o próximo 26 de febreiro (xoves) a partir das 20,30.
O escultor, en contra do que soe acontecer noutras exposicións, quere que todo o mundo toque as súas obras.
O día da inauguración sortearase unha obra entre todos os asistentes.
Seguro que esta nova exposición, desta vez en madeira non deixará a ninguén indiferente.