16 de septiembre de 2017, 0:07
No seu último espectáculo Serxio Pazos fixo un percorrido pola historia de Galicia a traveso dun personaxe no que fai de afiador percorrendo non só a súa historia.
O afiador fai fincapé na historia e costumes da nosa terra dende principios do século XX ata principios do XXI dende a perspectiva e visión dun afiador.
No seu monólogo non deixa tampouco de arremeter contra os políticos actuais tanto provinciais como nacionais.
Unha hora de entretemento que fixo gozar e sorrir ao público que escasamente chegaba a un cento, e que se achegou ata a Casa de Cultura de Xinzo, na primeira tarde outonal deste ano.