A Sociedade Galega de Historia Natural, diante da proliferación de receitas para axudar a paliar a lamentable situación na que quedan os montes despois desta vaga de incendios, desaconsella fortemente o emprego indiscriminado de sementes para cubrir as zonas queimadas. "É difícil, cando non imposible, atopar sementes autóctonas garantidas tanto na súa orixe como que se correspondan realmente a especies autóctonas", sinalan.
Unha boa intención non ter por qué dar sempre bos resultados.
Así mesmo, comentan que na meirande parte dos casos non se sabe realmente o que se vai botar e os posibles efectos perniciosos que no futuro poidan ter, como especies vexetais exóticas invasoras. Tamén comentan que en moitos sitios non se debería pisar tralos incendios, pois acelera o proceso de erosión coas choivas e a compactación do solo.