Sinistro entre dous turismos, resultando feridas dúas persoas

IMG-20190226-WA0004
Sinistro entre dous turismos, resultando feridas dúas persoas

Na estrada de Lamas a Xinzo

O sinistro aconteceu ás 12:20 horas de hoxe (26.02), no quilómetro 0,400 da estrada sen denominación, que une as localidades de (Lamas e Ponte Liñares), no termo municipal de Xinzo de Limia Ourense).

9223372036854776000

A colisión produciuse cando, o Peugeot 206, conducido por José M.M. de 61 anos e veciño de Porquiera, que resultou ferido grave, e evacuado en helicóptero ao CHUO, chocou co Citroen Berlingo, conducido por José Manuel C. L. de 43 anos e veciño de Ganade, que resultou ferido leve e foi evacuado en ambulancia ao CHUO.

A colisión tivo lugar nun cruzamento regulado por sinal vertical de STOP e, o equipo de atestados do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, está a investigar que vehículo non respectou a prioridade de paso interpoñéndose na traxectoria do outro. Para atender este sinistro foi preciso mobilizar unha patrulla de motoristas e un equipo de atestados da Garda Civil de Tráfico, unha dotación de bombeiros do parque comarcal de Xinzo, unha ambulancia do servizo médico 061 e un helicóptero. Ata o lugar achegaronse para colaborar os membros de protección Civil de Xinzo.