Sinistro moi aparatoso pero sen feridos graves

IMG-20190222-WA0029
Sinistro moi aparatoso pero sen feridos graves

Na estrada de Xinzo a Baltar

Esta tarde arredor das 17:00 tivo lugar una colisión entre un turismo e unha furgoneta, resultando ferida leve a condutora do turismo.

Na estrada OU-304 (Xinzo - Baltar), quilómetro 2'900, pertencente ao termo municipal de Xinzo de Limia. Por causas que están a ser investigadas polo equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, a colisión produciuse cando o Peugeot 406, conducido por Mª Isabel M. H., de 55 anos, que circulaba sentido Baltar chocou coa furgoneta Peugeot kubistar, conducida José B. G., de 55 que viña de Baltar e pretendía virar á esquerda, interpoñéndose na traxectoria do turismo. A pesar dos graves danos sufridos por senllos vehículos, só resultou ferida leve a condutora do turismo, que foi trasladada a un centro médico da capital e tras unha breve exploración foi dada de alta. Para atender este sinistro foi necesario mobilizar unha patrulla de motoristas e un equipo de atestados de tráfico da Garda Civil, unha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil de Xinzo, unha dotación de bombeiros e Policía local de Xinzo.