So faltaron, os que non quixeron asistir

IMG-20171118-WA0005
So faltaron, os que non quixeron asistir

Ao magosto das Portadas en Morgade asistiu todo o mundo

A cita era as sete da tarde, e dende esa hora ata ben entrada a noite, os amigos e clientes do bar As Portadas de Morgade. Das bebidas encargáronse a propietaria , a sempre sonrinte Alba e a súa colaboradora habitual Sara. Todos forn acudindo ao seu xa afamado e esperado magosto.

IMG-20171118-WA0004

Emilio e Nacho foron os encargados dos fogóns, axudados por Rosa, e que non pararon en varias horas para darlle a tódolos invitados, medio pobo, e algo mais, as súas racións correpondentes, así como do reparto dos mais de 50 Kg de carne que se consumiron, todos no seu punto.

Chegada a hora das castañas Manolo (proxenitor) de Alba afanouse no reparto das castañas asadas, que por mor deste tempo que estamos a sufrir, como todos xa sabemos nin son grandes, nin boas, aínda que iso si, veñen acompañadas dunha boa ración de carne no seu interior. Disto non ten ningunha culpa Manolo.

IMG-20171118-WA0009Pero o que non faltou en calidade e cantidade foi a bica para rematar, algunha dela feita polas mans expertas dea Mercedes, cuestión todos poden berificar todos os días da semana, incluídos os venres pola noite.