Os socialistas repiten candidatura no municipio na procura dunha alcaldía que transforme un municipio privilexiado no tocante a comunicacións e que non se está aproveitando

IMG_7913
Os socialistas repiten candidatura no municipio na procura dunha alcaldía que transforme un municipio privilexiado no tocante a comunicacións e que non se está aproveitando

O candidato socialista destaca que “temos que traballar arreo no mantemento de xardíns, estradas, parques e núcleos urbanos e non abandoar a súa sorte a veciñanza de Trasmiras”

O PSdeG PSOE de Ourense confirma o seu vixésimo terceiro candidato de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio. A agrupación municipal socialista de Trasmiras elixiu a Manuel Ayuso como o seu candidato a alcaldía da localidade. O actual voceiro socialista na oposición afronta unha nova etapa a fronte do PSdeG coa intención de arrebatarlle a alcaldía o PP.

Manuel Ayuso explica que se presenta as eleccións porque “debemos voltar a converter a Trasmiras nun concello senlleiro na provincia como o foi durante a época do goberno socialista, pero no que o PP tombou todos os avances feitos coa súa chegada o goberno”, e apunta “temos que traballar arreo no mantemento de xardíns, estradas, parques e núcleos urbanos e non abandoar a súa sorte a veciñanza de Trasmiras”.

O actual voceiro socialista remarca que “temos moitos problemas en infraestruturas e que non se arranxan. Hai dúas estradas municipais en pésimas condicións e que provocan un perigo para a circulación e para a seguridade dos veciños e na que xa houbo varios problemas graves”.

O candidato socialista sinala que “en Trasmiras somos privilexiados o contar con dous accesos a autovía, polo que temos que empezar a construción do parque empresarial, aprobado no PXOM e deste xeito fixar empresas no municipio e fixar poboación, xa que somos un concello moi envellecido e no que tampouco temos unha residencia da terceira idade ou un centro de día, infraestruturas básicas que demandamos”, e remata “temos que apostar tamén por rehabilitar casas vellas e acondicionalas para alugueres sociais”.