Solicitan a paralización da poda das árbores da avd de Celanova

cats
Solicitan a paralización da poda das árbores da avd de Celanova

A Asociación "Amigos das ábores"

Hai unha semana a Plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia rexistraba un escrito no Concello de Xinzo para pedir ao equipo de goberno a paralización inmediata da poda brutal que estaban a facer ás árbores da vila xusto cando estaban agromando. Unha vez máis ninguneáronnos e as árbores foron danadas gravemente, como poden ver nas fotos que enviamos. Adxuntamos tamén unha carta que fixemos chegar ao goberno local para pedirlle, agora de xeito informal, sentidiño e un coidado axeitado para o noso patrimonio natural.

photo6012421720515915263