Solucionado o problema dos profesores do conservatorio

Luis M. Gil concelleiro de Deportes e Educación
Solucionado o problema dos profesores do conservatorio

Mañá publicarase o anuncio de contratación de 4 novos profesores

Catro novos profesores incrementarán a plantilla dos xa existentes no conservatorio profesional de Xinzo.

Pasados os prazos de exposición e selección o conservatorio de Xinzo contará con 2 profesores mais de piano, 1 de frauta traveseira e 1 de acordeón.

Desta maneira o 100% do alumnado terá profesor para impartir a súa especialidade, sen ter que tomar medidas mais drásticas, como nun principio se pensaba.

Unha subvención de 25.000 € da Deputación Provincial para o ano 2015, que sumada a de mais de 16.000 de fai uns días farán que o problema xurdido este ano polo incremento de matrícula quede solucionado.