Sorpresa, incredibilidade e rabia

susana vazquez
Sorpresa, incredibilidade e rabia

Primeiras impresión da alcaldesa de Porqueira

Susana Vázquez, está, aínda hoxe que non o cree. Onte enterouse de que o nº 5 da súa lista acababa de rexistrar un partido político, do cal el é o presidente, co que supostamente se presentará as próximas eleccións municipais polo concello de Porqueira.

susana vazquezDi supostamente, porque ata onte Javier Rivera, nome do membro da súa lista e da xunta de goberno, en ningún momento manifestou ningunha discrepancia , nin co grupo, nin coa miña persoa, ata onte mesmo. Fai uns días que houbo un pleno para cuestións relacionadas coa residencia que abrirá a semana que ven, e votou como sempre co grupo.
Rabia contida, loxicamente, porque, non entende como persoa primeiro e como mandataria en segundo lugar que, unha persoa que pertence ao grupo de goberno estea dende fai uns meses preparando o partido co que pretende presentarse (digo pretende, porque ata este mesmo momento 23.02.19; 18:30 h, sigue sendo membro do PP de Porqueira e membro da Xunta de goberno non comentou nada). Sempre que una persoa do teu núcleo fai algo as túas costas o lóxico e ter rabia, por non descubrir que nas túas filas hai alguén que está escoitando todas as conversas, que teoricamente son privadas, e que de algunha maneira sexa un “espía”. Fai uns días votou con nós todos os temas relacionados coa residencia que vamos abrir e en ningún momento sentín que estivera en desacordo coa máis mínima cuestión. Somos humanos e loxicamente dáme rabia.

NON TODO FOI NEGATIVO DENDE ONTE

Por outra banda teño que dicir que non todo foron sentimentos negativos dende que me enterei. Dende onte a noite recibín un montón de chamadas de veciños do pobo, que sinceramente nunca contaría recibir, non solo dándome o seu apoio, se non para cubrir o seu posto e 3 listas novas xuntas. Cando ata agora era difícil facer una lista, despois do comportamento deste veciño, un montón de veciños se ofrecen a acompañarme nas listas, veciños que nunca pensei no seu ofrecemento. Este feito loxicamente ven a paliar o negativo da situación. Repito negativo, no plano persoal, no político, ningún problema. Cada un é libre de presentarse por quen queira e con quen queira. Neste senso verémonos o 26 de maio e que o pobo decida.

Javier rivera Con respecto a que pasará o luns, aínda non o teño decidido. Supoño que esperarei ata media mañá a ver si ten a decencia de explicar o seu procedemento, inesperado e inaudito, para logo tomar una decisión como presidenta do partido e como alcaldesa.
Todo isto, sen que o interesado ata este momento se puxera en contacto conmigo. Simplemente sei por un periodista que el non quería que se soubera aínda, co cal entendo que pretendía seguir formando parte do grupo de goberno, ata sabe “dios” cando.