Súmanse 30 novos concellos ao Proxecto Horeca de reciclaxe na hostalaría

180228 Horeca Ourense1
Súmanse 30 novos concellos ao Proxecto Horeca de reciclaxe na hostalaría

Na actualidade, na provincia de Ourense xa hai un total de 428 locais adheridos en 8 concellos: Ourense (261 locais adheridos), Allariz (41), Xinzo de Limia (28), Ribadavia (25), Carballiño (20), Verín (21), A Rúa (17) e A Gudiña (15).

Preto de 30 concellos galegos sumaranse nas próximas semanas ao Proxecto Horeca, co que se conseguirá que realicen dun xeito máis correcto a separación e reciclaxe dos residuos que xera a actividade dos establecementos hostaleiros, restauración e catering.

Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, que esta mañá presentou a posta en marcha desta iniciativa en oito concellos da provincia de Ourense, que suman un total de 428 establecementos que xa son ecohostalerios, e que nas vindeiras semanas se sumarán entidades do sector da restauración de concellos doutras provincias galegas, como Santiago de Compostela, Laxe, Padrón, Vilalba, Ribadeo, Marín e a Mancomunidade do Morrazo...

O Proxecto Horeca é unha iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ecomebes, xunto cos concellos galegos -que se adhiren de xeito voluntario- para fomentar a recollida de envase no sector da hostalería cun dobre obxectivo: a formación e fomento da profesionalización do sector neste sentido e o fomento das taxas de achega de envases lixeiros e diminución do % de impropios. Deste xeito, informase aos locais de como facer unha separación de envases en orixe, para realizalo dun xeito totalmente correcto, e convértese nun ecohostaleiro.

Na actualidade, na provincia de Ourense xa hai un total de 428 locais adheridos en 8 concellos: Ourense (261 locais adheridos), Allariz (41), Xinzo de Limia (28), Ribadavia (25), Carballiño (20), Verín (21), A Rúa (17) e A Gudiña (15).

Para fomentar a reciclaxe dos residuos, habilitaranse novos puntos de recollida coa instalación de case 2.000 puntos de contedores de envases e medio centenar de contedor para o papel-cartón.

A conselleira destacou o peso do sector da hostalería na economía galega, xa que a súa actividade implica grandes consumos de enerxía e auga e altas emisións de gases efecto invernadoiro; polo que é imprescindible favorecer a implantación de condutas que fomenten a sustentabilidade no sector.

180228 Horeca Ourense2

A conselleira de Medio Ambiente recordou que onte mesmo se presentou a campaña EtiDeQuenVesSendo, coa que se pretende chegar en 2020 á reciclaxe de preto de 50.000 toneladas; polo que a participación do sector é moi importante tendo en conta que xera case un 51% dos residuos de envases de vidro. Mato Otero destacou que os beneficios desta cultura a favor da reciclaxe do vidro ten beneficios para o medio ambiente, pois as toneladas recicladas en Galicia en 2016 evitou a extracción de 49.500 toneladas de materias primas, se deixaron de emitir a atmosfera 27.600 toneladas de CO2, e se aforrou o equivalente ao consumo eléctrico dun mes nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo. \“E dicir, a reciclaxe aforra enerxía, reduce as emisións de CO2 e evita a extracción de materia primas\” e sobre todo \“ofrece unha nova vida máis, ao converter un residuo nun recurso; a máxima principal da economía circular.

Nese sentido, tamén recordou outra iniciativa piloto posta en marcha no eido da restauración en colaboración coas asociacións de empresarios da hostalería das catro provincias galegas. Trátase dunha acción que busca implantar a cultura da redución do desperdicio alimentario, polo que se lles ofrece aos clientes a posibilidade de levar nuns recipientes a comida non consumida nos locais para o seu aproveitamento posterior nos fogares.