Os SUPERHEROES apareceron en Celanvoa

Foto de Fundación Curros Enríquez(8)
Os SUPERHEROES apareceron en Celanvoa

Na Casa dos Poetas, e seguirán aparecendo a semana que ven

Organizado pola Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova do 19 ó 23 de agosto continuará este campamento impartido por Xurxemurxe Xestión Cultural.
Destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e cun horario de 10:30 a 13:30, “Somos superheroes” engloba actividades co obxectivo de activar a imaxinación e creatividade e nas que terán que superar diferentes probas e retos para conseguir as insignias das diferentes destrezas e/ou habilidades que se lle presupoñen os superheroes.
Para inscribirse e consultar prezos deberase contactar coa Fundación Curros Enríquez. Teléfono 646026421 ou fundacion@currosenriquez.es

Tras conseguir as insignias da invisibilidade, da intelixencia, da velocidade, da aventura ou a capacidade de voar, os seguintes retos serán:

IMG-20190809-WA0003

LUNS, 19 DE AGOSTO: A insignia da creatividade: O quebracabezas xigante.
MARTES, 20: A insignia da estratexia: Xogos de auga.
MÉRCORES 21: A insignia da identidade oculta

XOVES 22: A astucia: grandes xogos

VENRES 23: Taller creativo: Creación do cómic de superheroe