Talleres para pais e nais de preparación ante a maternidade

paternidad_responsable_thu
Talleres para pais e nais de preparación ante a maternidade

Organiza a Escola Rural de Saúde da Limia

A Escola Rural de Saúde da Limia organiza unha serie de talleres destinados a abordar as necesidades, funcións e responsabilidades das persoas que viven a súa futura maternidade ou paternidade. Así póñense en marcha catro talleres co fin de que sexa un servio que se preste de maneira continuada na Aula 2 da primeira planta, na Casa da Cultura de Xinzo.

Un deses talleres consiste no afrontamento psicolóxico ante a maternidade. Terá lugar o vindeiro 28 de outubro de 19h a 20.30h e impárteo a psicóloga e psicoterapeuta, Mª Isabel Torres. O 4 de novembro é a quenda da información burocrática ante nacementos, tamén de 19h a 20.30h coa colaboración dos Servizos Sociais do Concello de Xinzo. A técnico especialista en hixiene bucodental, Mª Dolores Estévez, será a encargada de dar o taller de saúde bucal na nai e no bebé, o 11 de novembro de 19h a 20.30h. O cuarto taller terá lugar a finais de novembro, o día 18, e tratará sobre sistemas de retención infantil e nel tomará a palabra o coordinador de educación vial da DGT Ourense, Sindo Aguiar.

Para anotarse a estes talleres poden chamar ó 603 784 435 ou enviar un correo electrónico á dirección escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es