Tarde concorrida na praza Maior de Xinzo

Tarde concorrida na praza Maior de Xinzo

Moito público en todos os actos programados para a tarde do martes

Moitas horas durou a cola para degustar un chocolate con churros que ofreceu a asociación de comerciantes de ProLimia a todos os clientes que quixeron pasarse a recoller os seus boletos polos establecementos respectivos.

concerto Marta bravo+Sergio Tannus , nadal 22IMG_0979
Concerto Marta Bravo+Sergio Tannus ,Nadal 2022

Logo tocoulle o turno a Elfa Cuca, que na máis baixarse do coche tivo que montar o mecanismo do seu espectáculo que gustou a pequenos e menos pequenos que seguiron con moita atención os exercicios acrobáticos dentro da carpa.

Pouco tempo despois, subiron ao escenario da carpa Marta Bravo e Sergio Tanús para ofrecer un concerto moi persoal que deleitou a todos os que encontraron sitio e aos que tiveron que seguilo de pe, na praza, onde por certo seguía a cola para tomar o chocolate.