As 20:00 horas, no auditorio da Casa de Cultura, o grupo de teatro afeccionado ANEIS representou a comedia de enredo titulada Malos tempos, escrita e dirixida por Manuel Fontemoura
A trama, vai de unha muller descendente dunha familia rica, vida a menos e que quere que os seus dous fillos se casen con dúas mulleres maiores ca eles, pero con diñeiro, para así poder salvar a familia.
No medio hai malos entendidos entre os diferentes personaxes, en total 12, neste caso maiores dende 15 anos ata os sesenta e pico anos.
Coma tódalas comedias de enredo remata cunha situación graciosa, aínda que non de todo ben para os intereses da familia.
Durante toda a obra o fío condutor é a figura da bisavoa que se aparece para ir relatando as situacións.