O teatro protagonista en Bande

teatro bande2
O teatro protagonista en Bande

17 centros escolares de toda a provincia participarán nos Encontros de Teatro Escolar que se celebran en Bande a partir do 11 de maio

Un total de 17 centros escolares de toda a provincia participarán nos Encontros de Teatro Escolar e Amateur que anualmente se celebran no Concello de Bande. Este evento, que este ano descorre pola súa XX edición, conmemora o 17 de maio, Día das Letras Galegas. As obras presentadas han de estar escritas integramente en galego recibindo tódolos centros participantes un premio en metálico e diploma de participación.

Como non podería ser doutra maneira, os escolares pertencentes aos centro colaboradores, CEIP Xoaquín Lourenzo e o IES Aquis Querquernis, levan meses volcados nesta actividade, pois son partícipes directos deste certame coas súas respectivas obras teatrais \“a aula de Tócame - Roque\” e \“bicos con lingua\”.

A inauguración destes encontros terá lugar o luns día 11 de maio ás 10:00h. no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo.