O tempo atrás corre, pero o reloxo non

RELOXO ENTROIDO
O tempo atrás corre, pero o reloxo non

A falta de 4 días para o comezo oficial do ENTROIDO denominado de transición , o reloxo da praza Carlos Casares, que anunciaba coa súa conta atrás o comezo do calendario de Entroido en Xinzo, aínda non se atopa no seu lugar.

Segundo puido saber dendealimia, este foi mandado arranxar para a conta atrás, pero ninguén está seguro de que poida estar arranxado para ese día.

Tampouco nos vamos a quedar sen o Entroido porque non haxa a conta atrás dende a praza. Non hai que esquecer que o do petardazo é unha novidade do Entroido de Xinzo de mais ou menos unha década de anos, e antes xa había Entroido que comezaba no domingo Fareleiro.