As terapias alternativas defínense como prácticas sanitarias encadradas fóra da medicina convencional. A súa liña de actuación móvese na busca da integración e interacción entre a mente e o corpo. Os profesionais que as fomentan consideran que con estas prácticas lógrase a saúde física e emocional. O modo de actuar das terapias alternativas baséase na auto sanación do individuo, entendendo a este como unidade de corpo, mente e espíritu.
Sobre todo esto falouse nas segundas Xornadas de Terapias Alternativas para a saúde, que se celebraron na Casa da Cultura de Xinzo. Están organizadas e impartidas pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia. Nestas xornadas tratáronse temas como talleres nutricionais, terapias manuais e aspectos psicolóxicos e emocionais.
Nas vindeiras semanas sairán máis cursos deste tipo que buscan ir á causa da enfermidade e sanala logrando que a persoa sexa partícipe na súa sanación.
Para coñecer un pouco máis sobre estas prácticas, poden visitar o seguinte artigo escrito por Mª Isabel Torres, psicóloa psicoterapeuta