Todo esto demostra que a herdanza é todo o contrario do que o novo grupo de goberno di

IMG-20190628-WA0027
Todo esto demostra que a herdanza é todo o contrario do que o novo grupo de goberno di

Falan dunha xestión desastrosa e dunha herdanza difícil de gobernar, xa quixeran outros esta herdanza

Nestes días estamos a escoitar ou a ler por parte da nova Alcaldesa ou do novo grupo variado de goberno do noso Concello verbas como “Auditoría”, “Ineficacia”, “Desastrosa”, “Limpeza Integral”, “Herdanza” ou pedir unha “Oposición Elegante e Constructiva”; todas elas moi de titular sinxelo e chamativo para a prensa pero que distan moito da realidade.

Falase de facer unha auditoría a un Concello, que está saneado, sen ningún informe de reparo, coas contas ao día, cun remanente actual de máis de un millón de € nas contas bancarias (como se deu conta no pleno do día 15 coa acta de arqueo), cunha póliza de crédito de 700 mil €, con diñeiro aínda por percibir tanto dos ingresos dos impostos feito pola Deputación como da aportación mensual estatal, a maiores das subvencións solicitadas as diferentes institucións. Un Concello que ben xestionado como ata o de agora, pode rematar o ano con total solvencia.

Falan dunha xestión desastrosa e dunha herdanza difícil de gobernar, xa quixeran outros esta herdanza:

Catro tractores-desbrozadora, unha nova barredora de limpeza viaria, Obradoiro en funcionamento, unha hidrolavadora, unha motobomba, contratadas gran parte das actividades da Festa do Esquecemento por valor de 15.000€, piscinas exteriores en funcionamento para este verán, campamentos de deportivos e de verán organizados, piscina climatizada en funcionamento, recuperación do ciclo de administrativo no IES Cidade de Antioquía, programación de mocidade, pavillón, Conservatorio, Escola de Gaitas, Festivais, Festexos, Torneos, … E a Declaración de Interese Turístico Internacional do noso Entroido.

A mellora sustancial da asistencia no fogar, na modalidade de depencia, cun contrato de 259 mil € ano, conseguindo que nestes últimos catro meses se reducise a lista de espera en máis da metade. Como tamén se firmou o convenio coa Asociación do Cancro que vai ter sede fixa na nosa vila.

Con máis de 3 millóns de € en inversión ou feita ou iniciada ou licitada nestes meses:

Av. de Celanova, Circuvalación, beirarrúas Curros Enríquez, Av. de Madrid e Alexandre Bóveda, mellora do asfaltado do Polígono Industrial, rúa Blanco Amor, acondicionamento da Casa de Cultura, humanización do Grupo San Sebastían, alumeado do campo de Fútbol do José Antonio Fdez. Carrera e mellora dos vestiarios, acondicionamento e mellora das instalacións do campo de Fútbol de Piñeira, Centro Social de Gudes, fosa séptica de Pidre, pistas deportivas da Alameda do Toural, cambio de canastas de baloncesto na pista deportiva da piscina, pista deportiva con campito 3x3 de fútbol e canastas de baloncesto para colocar en zona urbana, depósitos de auga de Ganade, retellado da Rectoral de Mosteiro de Ribeira, zona de xogos da Telleira, novos instrumentos para o Conservatorio, Reloxio da igrexa de Ganade, melloras da Escola de Gaitas, climatización da Escola de Música, novos motores para as canastas e novas porterías para o pavillón, iluminación das pistas deportivas da piscina exterior, empedrado da rúa do Peto, campás de San de Pedro, …

Sen olvidar a ampliación que vai acometer a Xunta de Galicia no parque empresarial por un valor de 3,3 millón de €, o Plan Urbe de 380 mil € para o Barrio de Abaixo e os 225 mil € para accesibilidade da Torre de Pena.

Todo esto demostra que a herdanza é todo o contrario do que o novo grupo de goberno di.

Ademáis piden unha oposición elegante e constructiva, como din que foron eles (Grupo Municipal Socialista), para nós foi a oposición do titular sinxelo e baleiro de contidos, pura prensa amarela.

Nesta lexislatura demostrarase o que é de verdade unha oposición, operativa todos os días, pendente de todo en cada momento, que sabe como funciona o Concello e como se pode chegar as necesidades dos nosos veciños e veciñas. Estamos a facer dende o día 15, trala toma de posesión do novo goberno, un traspaso trasparente, colaborando con todos os departamentos para que nada se frene ou paralice.

Nós solicitamos un despacho dentro do edificio do Consistorio para poder exercer todos os días a importante labor de Oposición, que este Concello require, xa que ademáis seremos o único Grupo da mesma, despois de ver o cambalache da portavocía do Grupo Mixto, o que demostra que o final gobernan cinco partidos, catro no goberno e un de “palmero”.

Informe arqueo a 24.06.2019