Todo Galicia perimetrada por concellos

IMG-20210125-WA0013
Todo Galicia perimetrada por concellos

Ninguén poderá saír do propio concello, solo para estudar, traballar e outras actividades esenciais

O comité clínico decidiu tomar as medidas extremas xa existentes en Xinzo e facer obrigatorio o peche dos negocios que aquí xa se viña facendo de maneira voluntaria.

As demais medidas son as seguintes:

.- Peche da hostalería será total agás recollida e envío a domicilio.

.- Todo o comercio non esencial deberá pechar ás 18h e os centros comerciais a fin de semana.

.- Só poderán abrir ata as 21:30 as actividades consideradas esenciais como alimentación, farmacias, talleres etc...

.- Suspenderase toda a actividade cultural (museos, bibliotecas, cines, espectáculos) e deportiva (ximnasios e competicións agás as de ámbito nacional ou internacional), así como as actividades dos centros sociais e comunitarios.

.- O curso universitario retrasa a súa reanudación ata o 8 de febreiro e manterá actividade non presencial ata mediados dese mes.

Todas estas medidas prolongaranse como mínimo 3 semanas a partir das 00:00 do mércores 27 de xaneiro.

En Xinzo segue en vigor a recomendación do Goberno local de adiantar o toque de queda ás 20:00 horas.