Todo quedou nun susto

IMG-20201229-WA0018
Todo quedou nun susto

Non fixo falta a intervención dos bombeiros, aínda que acudiron ao lugar

O susto levouno o propietario de Foto Dacal, cando chegou esta tarde ao negocio encontrouse na porta aos bombeiros e a Policía Local.

Todo quedou nun susto manifesta Luis Dacal debido a que unha chispa da estufa de peles saltou nunha caixa de cartón para o lixo con anacos de marcos de cadros que se apagou simplemente pisando nela.

Afortunadamente todo quedou nun susto e non tiveron que pechar en ningún momento o establecemento.

Luis agradece a prontitude tanto dos bombeiros como da Policía Local que acudiu ata o seu establecemento.