Todos ven moi positiva a celebración da feira e o seu resultado
A pesar de que hai moito que traballar para edicións posteriores, todos os asistentes recoñecen o éxito desta proposta do concello de Xinzo de Limia
O concelleiro de medio natural, Amador Díaz, amosou a súa satisfacción a pesar de remarcar a necesidade de cambiar certos aspectos, probablemente coa elaboración dun cuestionario de valoración. Sen embargo, deixou claro que ían a intentar mellorar todo o que se poida. De cara a posteriores edicións, deulle moita importancia ás xornadas formativas e ao carácter anual que, dende a súa perspectiva, debería ter a feira gastronómica.
Estas declaracións foron apoiadas polo concelleiro de promoción económica e facenda, Manuel P. Campos, que destacou a valoración positiva do público que acudiu neses catro días, visión que comparten coa presidenta de ADEGAL.Ademais, fixo fincapé tamén nas relacións forxadas entre as empresas participantes e a crenza de que nun futuro pode ser incluso mellor.
Sobre isto, Manuel P. Campos, asegurou que “valorarase, pero non é nada fácil un cambio de datas posto que se fai coa expectación de que a pataca se valorice e para iso ten que coincidir coa recolleita do produto xa feita”. Ademais, remarca tamén a afluencia de entre 5.000 e 10.000 persoas aos establecementos para probar os pinchos deste produto.
Pablo Fernández Limia(Patatas Jaly ´s pola súa parte:“a miña valoración é positiva: o pobo apoiounos, houbo máis xente da esperada. Melloraríamos para o ano que ven a fecha. Para nós cremos que a mellor opción é a última semana de agosto ou a primeira de setembro”.
Pola súa banda, algúns colaboradores como David Quenlle de Fitoagria dixo que “hai moito que traballar aínda que a edición deste ano non estivo mal”.
A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, amosou o seu agradecemento aos asistentes, veciños e incluso colexios da zona, que acudiron pesar das inclemencias do tempo, e aos expositores por participar neste primeiro evento importante da nova corporación do concello de Xinzo.
Antonio Fernández Veiga -Toni, portavoz do PP, prefire manter de momento silencio . Vou esperar a facer unhas declaracións sobre o tema da feira, unha vez que nos reunamos os membros que forman o grupo popular no Concello.