Toni Fernández exíxelle ao goberno municipal unha desinfección de mobiliario urbano urxentemente.

Grupo pp xinzo
Toni Fernández exíxelle ao goberno municipal unha desinfección de mobiliario urbano urxentemente.

Tamén requírelle mais información sobre todo no rural.

Esta mesma mañá o líder do PP de Xinzo enviou unha nota na que fai chegar varias cuestións, que segundo o seu partido non se están a facer neste momento e persoalmente entende que son imprescindibles realizar de cara a saúde de todos os veciños.

Non pretendo que isto se converta nunha loita política posto que entendemos que estas medidas básicas no ámbito local débense por en marcha inmediatamente pola saúde de todos os veciños do noso concello.

Dende o PP estamos sempre apoiando nesta crise sanitaria ao goberno municipal, porque isto xa non é Política, se non responsabilidade, sempre que se cumpra con rigor as medidas que nos impoñen dende o goberno central ou autonómico porque entre todos sairemos adiante.

As medidas que o portavoz do PP no concello considera importantes son as seguintes:

.- Unha desinfección de mobiliario urbano urxente, con pikap, ou ben alugando tractores para fumigar as rúas con solución de lexía ou ben con sulfatadoras.

.- Facer chegar aos pedáneos información, teléfonos de urxencia etc., se non hai pedáneos facelo a través de asociación de veciños.

.- Dotar de megafonía aos coches oficiais, como apoio a policía local, con información das novas que van xurdindo

.- Facer un seguimento diario dos posibles contaxios co centro de saúde para evitar “bulos” infundados

Non vale de nada facer unha comisión de seguimento para despois non comezar a poñer en practica a normas, isto os nosos veciños tanto de Xinzo como do rural íano agradecer.

E por último instan ao concello a non pasar ao cobro ningún tipo de imposto ou taxa mentres dure, como mínimo o estado de Alarma ou a situación quede totalmente estabilizada.