Os traballos que solicitan Socialistas nas piscinas xa están programados dende que acabou a campaña pasada

Luis M. Gil 1
Os traballos que solicitan Socialistas nas piscinas xa están programados dende que acabou a campaña pasada

Luís M. Gil, concelleiro de deportes contesta a nota de prensa dos socialistas de Xinzo

Dende o Concello xa estamos a traballar dende o remate da tempada de verán pasado nas posibles melloras das instalacións das Piscinas Exteriores Municipais, tanto nos vasos, praia, zona de sombras, céspede, edificio vestiarios e bar, filtros e bombas de depuración das augas de baño, peche perimetral e zonas deportivas.

A maioría destas reformas faranse cos operarios das brigadas municipais, tanto de Obras como de Medio Ambiente para abaratar custos e poder executar o antes posible unha vez entre en vigor o presuposto do 2018 do noso Concello.

Achegamos informe de avaliación de melloras a facer, por parte do responsable de obras do Concello, cando rematou a campaña de verán pasado

78.

Para facer estas obras, nin fai falla encargar proxectos, nin informes de técnicos superiores, pódense facer coa propia brigada municipal, pero hai que ter partida orzamentaria, que loxicamente non tíñamos ata que entren en vigor os presupostos 2018.

Continúa dicindo o concelleiro responsable que por exemplo as árbores que se necesitan, non se poden plantar ata a primavera e o cambio de solo para unantideslizante, tampouco se pode facer no inverno.

Remata o concelleiro manifestando, que agradece ao grupo socialista os seus consellos, pero neste caso chegan tarde e fora de tempo.