11 de diciembre de 2019, 17:14
A Garda Civil de Tráfico recomenda utilizar o transporte público para regresar das ceas de Nadal, ou ben o uso dos vehículos privados "conducidos por unha persoa que non consumise alcol ou drogas. Os desprazamentos seguros polas vías públicas non están rifados co desfrute e a diversión".
Os axentes intensificarán os controis nas estradas durante estas datas, "co fin de garantir a seguridade de todos os usuarios das vías públicas e disuadir a intención de conducir a quen inxerise alcol ou drogas".