Tráfico iniciou hoxe unha campaña intensiva para vixiar o uso dos sistemas de retención homologados

26
Tráfico iniciou hoxe unha campaña intensiva para vixiar o uso dos sistemas de retención homologados

No ano 2015, un 17.46% dos usuarios de turismos e furgonetas falecidos en sinistros producidos en vías interurbanas en Galicia non utilizaban o cinto de seguridade, unha porcentaxe que descendeu respecto de 2014 que era do 24.65%.

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) puxo en marcha hoxe luns, e ata o vindeiro domingo día 20, unha campaña intensiva para controlar que tanto o condutor como os ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade. Do mesmo xeito, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para comprobar que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil adecuados á súa estatura, peso e idade.

Tamén se empregarán paneis de sinalización variable e as pantallas alfanumérica dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, que lembrarán aos condutores a campaña que se está desenvolvendo.

A iniciativa enmárcase dentro da programación de operacións especiais de vixilancia e control previstas pola DXT para este ano, co ánimo de mellorar a seguridade viaria e concienciar aos usuarios das vías sobre a importancia de manter comportamentos máis seguros.

SEGURO NA ESTRADA

25A DXT estima que o correcto uso do cinto de seguridade reduce en ata un 50% o risco de morte nun accidente de tráfico. Por tanto, non debe obviarse o emprego do mesmo na estrada ou en cidade.

O correcto uso dos sistemas de retención homologados está demostrado que é o método de seguridade viaria máis sinxelo e eficaz en todo tipo de vías e traxectos, e o seu emprego resulta imprescindible para que o airbag sexa eficaz.


No caso dos sistemas de retención infantil, a DXT lembra que un neno sen suxeición multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves. Neste sentido, un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Seguridade Viaria 2011-2020 é ?lograr que ningún neno perda a vida por non ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e talla?.

CAMPAÑA ANTERIOR

Na campaña específica de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil desenvolvida en datas similares do pasado ano en Galicia (do 9 ao 15 de marzo de 2015), controláronse 49.223 vehículos e formuláronse 392 denuncias neste sentido.