Tráfico intensificará a vixilancia sobre o uso do cinto e os sistemas de retención infantil

76
Tráfico intensificará a vixilancia sobre o uso do cinto e os sistemas de retención infantil

O cinto de seguridade é un seguro de vida, reduce á metade o risco de morte en caso de accidente. A campaña de vixilancia comezará o luns.

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha o vindeiro luns día 13 unha campaña intensiva para controlar o uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI). Esta iniciativa enmárcase dentro da programación de campañas especiais de vixilancia previstas pola DXT para este ano co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e concienciar aos usuarios das vías sobre a importancia de manter comportamentos máis seguros.

74Durante unha semana, ata o domingo día 19 incluído, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para comprobar que tanto o condutor como os ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade. Comprobarán, de igual modo, que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil adecuados á súa estatura, peso e idade.

Sempre que sexa posible, tanto nas pantallas alfanuméricas dos vehículos dos axentes como nos paneis de sinalización variable, advertirase aos condutores da existencia próxima de controis.

O uso de sistemas de retención homologados veuse evidenciando como o sistema de seguridade viaria máis sinxelo e rendible en todo tipo de vías e traxectos, ademais de ser imprescindible para que o airbag sexa totalmente eficaz.

O cinto de seguridade é un seguro de vida. Non hai que esquecerse del e levalo sempre abrochado, tanto na estrada como en cidade. A DXT estima que o seu uso reduce á metade o risco de morte en caso de accidente.

No caso dos sistemas de retención infantil, a DXT lembra que un neno sen suxeición multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves. Nove de cada dez lesiones infantís graves ou mortais evitáronse se se utilizaron estes sitemas. Neste sentido, un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Seguridade Viaria 2011-2020 é lograr que ningún neno perda a vida por non ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e talla.

Nos últimos anos observouse en España unha tendencia estable do 25% de vítimas mortais en accidente de tráfico que non usaban o cinto ou sistema de retención infantil.

CAMPAÑA ANTERIOR EN GALICIA

Na campaña específica de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil desenvolvida desde o 14 ata o 20 de marzo de 2016, en Galicia controláronse 52.094 persoas e formuláronse 295 denuncias.